luns, 27 de marzo de 2017

Zeralda e o dragón (2012)

Arrincamos a semana moi potentes cunha colaboración multitudinaria. Nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil fálannos de Agustín Fernández Paz e do seu libro Zeralda e o dragón dende o CEIP Antonio Pedrosa Latas de Viveiro. Agradecémoslles o seu vídeo e a colaboración a eles e ás súas profesoras Cristina Freán, Ana Lago, Maricarmen Lázaro e Inés Díaz.




*Se coñecedes algún material relacionado con esta obra, deixádenos a referencia nos comentarios ou enviádenola a 21diascogalego@gmail.com e nós a compartimos no blog para que o coñeza todo o mundo.